Cada vez resulta máis frecuente escoitar comentarios do tipo “este tomate non sabe a nada” ou “esta froita ten boa pinta pero logo está podre”. Diante desta realidade ábrese un oco a agricultura ecolóxica, que actualmente é unha competencia transferida ás Comunidades Autónomas.
Tal e como recentemente afirmaban desde o Ministerio de Medio Ambiente Rural e Marino (MARM), España é o pais da UE que máis hectáreas adica a agricultura ecolóxica. Sen embargo hai que considerar que fronte a extensión desta modalidade de producción, debería irse máis alá da simple colleita de produtos conforme ós estándares marcados. De feito non só se trata de que alimentos como o café ou o arroz, por exemplo, sexan inocuos para o medioambiente na súa producción. O obxectivo final é integrar o proceso productivo no eido social, de tal xeito que a comunidade que traballa sobre eles se vexa directamente beneficiada. Polo tanto, podería darse o caso de que grandes corporacións empresariais elaboren productos co aval correspondente. Isto desde o seu inicio é contradictorio. Do mesmo xeito que tampouco resulta moi coherente que se comercialicen produtos de agroecoloxía en grandes superficies.
Un dos obxectivos das políticas de fomento deste tipo de agricultura é restablecer os lazos comunitarios e de veciñanza que en moitos casos están rotos nas nosas cidades. Isto, actualmente, conseguese mediante o desenvolvemento do pequeno comercio fronte a iniciativas de consumo masivo. Simplemente é voltar ó sistema presente non hai tantos anos, pechando así un ciclo no que a xente se sinte integrada no barrio ou comunidade.
En liña con todo o anterior xurden iniciativas de máis ou menos relevancia, pero que dalgún xeito tentan “recuperar” o que nalgún momento foi sepultado por políticas comerciais agresivas.
Con todo, ainda queda moito por facer, como recoñecía a Directora Xeral de Industria e Mercados Alimentarios do MARM, Isabel Bombal. E non só a nivel estatal senón tamén a nivel autonómico. Incluso as solucións non teñen que pasar só por subvencións, ademais poderían incluir accións de promoción do consumo deste tipo de productos no pequeno comercio.

