Cafés e cacao

Cacao
É rico en grasas e hidratos de carbono, nutrientes que aportan enerxía ao organismo. As grasas proceden da manteca de cacao, que contén unha gran proporción de ácido esteárico, un ácido graso saturado que, non aumenta o nível de colesterol no sange. Ademais son fonte de minerais tales como o potasio, o fósforo, o magnesio, o calcio e de vitaminas. Se o chocolate é con leite, o cacao disólvese no leite, o aporte de calcio increméntase notábelmente. O cacao como materia prima contén vitaminas como a tiamina (B1) e o ácido fólico. Outros compoñentes beneficiosos do cacao son os elementos fitoquímicos (non nutritivos), entre os que destacan: la teobromina, e os polifenoles (antioxidantes).
Comercializamos cacao puro de comercio xusto e ecolóxico, así como cacao ecolóxico de Bolivia azucarado con panela de Ecuador.
Tamén temos gran variedade de chocolates de calidade gourmet, tanto para tomar á taza ou facer coberturas, como finos para degustar sen máis.

Café
É o estimulante natural por excelencia, a bebida natural máis rica en cafeína, que é a que lle confire as propiedades estimulantes e parte do seu sabor amargo.

Na nosa tenda poderás atopar tres variedades ecolóxicas, de comercio xusto, con 100% de café arábica e tueste natural.
O café arábica produce un café fino e aromático, precisa un clima fresco, o seu cultivo máis delicado e menos productivo está reservado ás terras de montaña.


Café de Colombia ecolóxico
Cultívase no municipio de La Vega na Serra Colombiana (Sur do país). Colombia é o segundo exportador mundial de café. a calidade do seu café, froito dunha longa tradición cafetalera, é recoñecida mundialmente.
Este café mércase verde en comercio xusto a 1 dólar a libra, mentras que no mercado convencional faise por 0,4 dólar a libra.

Café ecolóxico de Cuba
Provén das mellares plantacións de Sierra Maestra, onde se obtén un café superior de fama mundial. Impórtase o grano verde e tóstase en Barcelona.

Café Rebeldía de Chiapas
Este café cultívase nos municipios autónomos da zona dos Altos de Chiapas (México).
Cómprase en comercio xusto a 30 pesos o kg, mentras que no mercado convencional cómprase por 14 pesos o kg.
Este café 100% zapatista, tóstase, mólese e empaquétase en Barcelona, para apoiar ás comunidades rebeldes.