Cervexas

Igual que o viño, a cervexa é unha bebida milenaria procedente da fermentación de distintos cereais. Así pois segundo o grao de dito proceso resultará unha cervexa máis ou menos forte.
Criterios de clasificación

  • Fermentación. Existen tres tipos de levadura que definen dous tipos principais de cervexas. Lager (baixa fermentación) e Ale (alta fermentación), describíndose dentro destas últimas tamén o grupo das de fermentación espontánea.
  • Ingredientes. Habitualmente, soese indicar con qué gran se elaborou la cervexa cando non foi elaborada exclusivamente con malta de cebada: cervexa de trigo, de avea, etcétera. Na maioría dos casos trátase dunha mezcla de malta de cebada e do gran indicado. Non se soe indicar con qué lúpulo está feita a cervexa, pero existe un estilo particular que se define polo uso dun en particular: trátase da cervexa Pils ou Pilsener, que orixinalmente tiña que facerse con cebadas de Moravia e lúpulos de Žatec (ou Saaz) de Bohemia. Tamén se poden chamar Pils a algunhas imitacións históricas alemanas elaboradas con cebadas e lúpulos moi perecidos (Spalt) á Pils orixinal.
  • Aspecto. Moitas cervexas reciben o distintivo da súa cor: cervexa ámbar, vermella, rubia. Outras veñen definidas pola súa transparencia: cervexas turbias (ou translúcidas). Normalmente, a translucidez dunha cervexa pode ser debida ás proteínas en suspensión, procedentes do gran (menos de cebada), ou ben pode ser debida ao feito de ser pouco ou nada filtrada e levar levadura en suspensión. As cervexas negras son chamadas así polo uso que se fai na receita de maltas tostadas ou queimadas.
  • Procedementos. Algunhas cervexas definense por algún procedemento particular: a Rauchbier (cervexa afumada) está feita con maltas que se tostaron deixando que o fume da leña impregne o gran. A Dampfbier ou Steambeer ven definida polo uso de maquinaria de vapor na súa elaboración. Non son exactamente estilos pero definense desta forma. Algunhas cervexas de Alemania, no inverno, eran servidas quentes e ademais solían mollar unha barriña de ferro (Stachel) ardendo para aumentar a temperatura e caramelizar algúns azúcares: Stachelbier. A Steinbier é unha especialidade na que se quenta o mosto lanzándolle pedras (Stein) moi quentes.
  • Procedencia ou denominación de orixe. É preciso falar en especial das cervexas de abadía, que soen recibir o seu nome e a súa denominación pola relación, non sempre evidente nin directa con algún mosteiro. O exemplo máis coñecido é o das cervexas Trappistes dependentes exclusivamente de moteiros desta orde. Estas cervexas soen ser densas e cun notábel contido en alcohol. Existen dúas denominacións de orixe: a bière de garde do Norte de Francia, e a Kölsch que só se pode elaborar en Colonia.


Os principais estilos de cervexa son:

  • Fermentación alta
    • Estilo alemán (Cervexa de Alemania)
      • Altbier
      • Kölsch (de Colonia)
      • Rauchbier (afumada)
      • Steinbier
      • Weizenbier ou Weissbier (de trigo)
  • Fermentación baixa
    • Bock
    • Export (Dortmunder)
    • Pils
    • Lager
    • Schwarzbier
    • Vienna
    • Estilo belga
      • Cervexa da abadía Bière d'abbaye.
      • Cervexa afroitada Bière aux fruits.
      • Cervexa ambrée (Dorada)
      • Cervexa blanca ou de trigo Bière blanche.
      • Cervexa blonde Bière blonde.
      • Cervexa brune (Negra)
      • Cervexa doble Bière double. (de dobre fermentación)
      • Cervexa épicée (con especias)
      • Cervexa rubia forte Bière blonde forte.
      • Cervexa vermella (de fermentación mixta)
      • Cervexa de saison (de temporada)
      • Cervexa scotch (de estilo escocés)
      • Cervexa pils belga
      • Cervexa trapista Bière trappiste. (hecha por monjes trapenses)
      • Cervexa triple Bière tripel. (de triple fermentación)
      • Cervexa Vieille brune (oscura añeja, máis ben fermentación mixta entre alta e espontánea)
    • Estilo británico
      • Barley Wine (Viño de cebada)
      • Bitter
      • Brown Ale
      • Irish Ale
      • Indian Pale Ale
      • Mild
      • Old Ale
      • Porter
      • Scottish Ale
      • Stout
  • Fermentación espontánea

    • Lambic
    • Kriek
    • Geuze
    • Lambic aux fruits
    • Cervexas tradicionais como en África (cervexa de sorgo) ou en América Latina (cervexa a base de maíz como Tesgüino ou Chicha)
  • Cerveza sen gluten; os seus ingredientes son: Auga, trigo sarraceno, sirope de maíz, flor de lúpulo e extracto de lúpulo.

En Sabores de crianza, ofrecémoslle unha gama selecta de cervexas (de importación ou ecolóxicas) que poderá degustar no noso local ou levar a casa para acompañar os más variados pratos.