Chámanse así porque todos teñen unha característica en común: na súa composición natural (sen actividade humana) teñen menos dun 50% de auga. Son alimentos moi enerxéticos, ricos en grasas, en proteirnas, así como en oligoelementos. Según o tipo de froito seco, tamén poden aportar boas cantidades de vitaminas (sobre todo do grupo B) ou ácidos (poliinsaturados).
Froitos secos de cascara dura: Améndoas, anacardos, avelás, cacahuetes, pistachos, noces, pipas de xirasol, pipas de cabaza, piñóns.
Froitas desecadas: Albaricoques, uvas pasas, figos, dátiles, ameixas pasas.
Na nosa tenda atopará todos estes productos dunha alta calidade, así como algúns deles bañados en cacao ou caramelo, e en diferentes presentacións, algunhas moi estéticas en botes e botellas de vidro.