Pastas

É un alimento fundamental que xa empregaban os gregos e os romanos, o ingrediente básico é a fariña, mezclada con auga, e a cal pódese engadir sal, hovo ou outros ingredientes, conformando un producto que xeralmente se coce en auga fervendo. As pastas italianas fanse con trigo duro.
O aporte nutricional da pasta é principalmente o de hidratos de carbono e algo de proteína, por exemplo se se cociña engadindo aceite.
A pasta aporta tamén algunhas vitaminas do grupo B, sobre todo as pastas de cores que, porque para a súa elaboración engádense diferentes productos: espinacas, cacao, setas, tomate, allo, remolacha, etc. Se non se engade nada a pasta queda de cor crú (lixeiramente amarelo).
As pastas teñen grande variedade de formas e tamaños, as de menos tamaño normalmente emprégan en sopas, as cintas longas ou as hebras con salsas, e os tubos e as formas máis extravagantes en guisos e ensaladas de pasta. Algunhas das formas son o suficientemente grandes para facerse recheas e no forno.
Os valores principais das pastas que comercializamos, non son só o seu deseño e a variedade de formas, cores e sabores, senón a gran calidade das materias primas naturais e a producción artesanal, mesmo algunha das variedades ten o xérmolo do trigo na pasta.