Antes de converterse nun pracer, beber té foi un remedio eficaz contra innumerábeis doencias, hoxe en día é a bebida máis consumida no mundo despois da auga.
O té verde, vermello e negro proveñen da mesma pranta, diferéncianse polos seus procesos de elaboración.
Prepárase quentandoa auga de 70º a 90º, ponse unha culleriña de té no infusor, deixase reposar tres minutos, retírase o infusor e tómase quente, ou frío.
Té negro
É unha fonte de cafeína, unha metilzantina que estimula o sistema nervoso central, relaxa o músculo liso nos ocnductos dos pulmóns, estimula o corazón, e actúa como diurético nos riles. Unha taza deste té pode conter aproximadamente 50 miligramos de cafeína
Té Vermello
É un té postfermentado orixinario da provincia china de Yunnan.
Está considerado pola menciña china tradicional como ideal para perder peso sen esforzo e tamén é bo para reducir o nível de colesterol, desintoxica e depura, reforza o sistema inmunolóxico, estimula a secreción das glándulas dixestivas, facilita a dixestión,
Té Verde
Este té non se fermenta e isto fai que manteña as catequinas, que son poderosos antioxidantes e con extraordinarios efectos sobre a saude.
Reforza o sitema inmunitario, é un poderoso antioxidante, mellora a circulación, axuda a reducir o colesterol, axuda a superar a menopausia, e ten un alto contido en flúor.
Té branco
Non se fermenta, deixase secar ao sol, este proceso natural é o que mantén o té nun estado puro, cheo de enrxía, tres veces máis antioxidante que o té verde e ten a metade de cafeína, é o antioxidante máis potente da natureza polo seu alto nível de prolifenoles.
Só se recollen os brotes, e é o té máis exquisito e refinado, tamén é o máis caro.
Rooibos (Aspalatus Linoaris)
É un arbusto sudafricano, que ten apariencia e sabor a té, cunha infusión deliciosa e suave, totalmente libre de teína e con alto contido de prolifenoles.
Actúa contra as alerxias, rexuvenece a pel, coida o intestino,, axuda ás dietas, actúa como sedante, e ten alto contido en flúor.
Na preparación da infusión, debe deixarse reposar cinco minutos.
A lista exhaustiva dos tés que poñemos ao seu alcance:
Té Huang da cha, Té negro ceylan desteinado, Té vermello especiado, Té vermello frutal, Te afrodisiaco, Té aires de Africa, Té de almendras, Té assan, Té azahar, Té baias salvaxes, Té branco pai mu tan, Té canela, Té ceylan, Té china congou, Té china goldfe yunnan, Té china keemun, Té darjeeling, Té desteínado, Té earl grey, Té earl grey verde, Té english breakfast, Té especias, Té estrela fugaz, Té formosa gumpower, Té formosa oolong, Té froitas do bosque, Té ginseng, Té imperial, Té indian tippy, Té japan sancha, Té kalahari, Té lucero do alba, Té menta moruno, Té mezcla rusa, Té laranxa, Té negro (ceylan hebra), Té orixinal roiboos, Té paquistaní, Té roiboos froitas vermellas, Té roiboos melocotón, Té vermello pu erh, Té vermello pu erh laranxa, Té rooibos spicey, Té rosas, Té ruta do deserto, Té selva negra, Té Tarry lapsang, Té verde granel, Té verde á caravana, Té verde lemon fresh, Té verde melocoton, Te verde noite árabe, Té verde noite do deserto, Té verde piña-pera doce, Té verde iogurt limón, Té violeta.