O viño, bebida milenaria procedente do zume fermentado da uva, é unha das nosas seccións importantes. Tendo en conta os beneficios moderados que aporta o seu consumo, ofrecemos unha crecente gama de viños españois que ampliaremos a estranxeiros. Así, contamos con caldos de diversas denominacións de orixe españolas e con distintas uvas e elaboracións.
Do mesmo xeito que cos queixos, vostede poderá mercar os nosos viños ou degusta-los no noso local.
O noso obxectivo é difundir o gusto por coñecer novos viños e uvas distintas na procura de satisfacer o noso padar co pracer que supón beber un bo viño.

