É a xelatína mariña de máis alta calidade. É a fibra
soluble extraída do alga Gelidium sesquipedale e ten sabor neutro. Emprégase
como espesante e xelificante en prostres (tortas, compotas, marmeladas,
natillas, cremas, sorbetes, zumes).
Tamén para espesar salsas, sopas, potaxes ou purés. Pola
súa gran pureza tamén é usado en investigación (microbioloxía). Unha cullerada
sopera de Agar agar en copos é capaz de espesar 1 litro de líquido, fervendo 8
minutos
100% vexetal. É saciante e pobre en calorías.

