Características
De gran tamaño e cor pardo, vive a unha profundidade media
de 12 m.
Especialmente rica en ácido algínico, de consistencia
carnosa, úsase na cociña para dar sabor ou como unha verdura máis. O seu
ácido
glutámico rebrandece as legumes. Produce un efecto saciante
e é rica en minerais, especialmente calcio, potasio e magnesio.
Preparación
Fornear previamente 5 minutos a 200 ºC sen remollar, ou pasar
pola sartén ben quente. Para sopas, verduras, guisos, tortillas de
cebola...
Ou ben 20 minutos en ola a presión.
Ou en auga fervendo 1 hora, xunto ás legumes (lentellas, garavanzos,
etc...)

